Skip to main content
Xermade

A Invernada de Cine de Cabreiros remata hoxe en Cabreiros un espectáculo de baile

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

A casa escola de Cabreiros remata hoxe unha nova edición da Invernada de Cine, que este ano chegou á súa undécima edición con proxeccións durante os meses de outubro, novembro e decembro.

O programa contou con tres proxeccións e dúas actuacións que este ano comezaron o 21 de outubro con Matria. Continuaron o 4 de novembro, á mesma hora, coa proxección do documental Segadores da Órrea en terras de Castela. Este documental é un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa. Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira. Tamén se proxectou o 2 de decembro a película Un franco, catorce pesetas.

Entre as actuacións figura o concerto de Xoán Goía, que se celebrou en novembro e a do seu final, hoxe. Trátase dun espectáculo infantil e familiar a cargo de Pesdelán, que combina a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos. Leva por título As Armadanzas e poderá verse ás 18.30 horas.