Skip to main content
Xermade

Xermade presenta o seu programa para este Nadal

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade arranca este domingo co seu programa especial de Nadal que contará en primeiro lugar coa visita de Papá Noel, que será o domingo 24 de decembro, entre as 17.00 e as 18.00 horas na Casa do Médico, fronte á biblioteca.

Ademais, o programa contará tamén coa tradicional visita a Xuvenlugo, que nesta ocasión terá lugar o mércores 3 de xaneiro. O bus sairá ás 15.30 horas da praza do Concello cara o Pazo de Feiras de Congresos de Lugo, onde pasarán a tarde.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 29 de decembro ás 14.00 horas no Whatsapp 678 744 178. As prazas desta actividade gratuíta son limitadas polo que terán prioridade as persoas empadroadas. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados.

O programa culminará coa recepción dos Reis Magos, o día 5 de xaneiro ás 16.00 horas no pavillón municipal de Xermade. Haberá música, inchables e algunha sorpresa máis.

O Concello lembra que como todos os anos dispón dun buzón para a que cativada deixe a súa carta, que chegará directamente aos Reis Magos.

CONCURSO DE DECORACIÓN

O Concello de Xermade continúa este ano o concurso de decoración de Nadal. Nesta cuarta edición establécense dúas grandes categorías, a de vivendas por un lado e a de negocios pola outra. Na primeira haberá diferentes premios, ao mellor árbore de nadal, ao mellor nacemento, á mellor decoración interior e á mellora decoración exterior.

Na segunda categoría, exclusiva para negocios, só haberá un premio para a decoración xeral do mesmo.

As persoas participantes poderán elixir libremente as técnicas de estilos da súa decoración pero o xurado valorará a creatividade, orixinalidade e vistosidade, así como o uso de materiais naturais e reciclados ou a introdución de elementos representativos do Concello de Xermade.

Os interesados en participar neste segundo concurso poden inscribirse no 678 744 178 ou no correo educadora.familiar@xermade.org antes do 21 de decembro.

O premio en cada unha das cinco categoría será unha cesta valorada en 130 euros.