Skip to main content
Xermade

Xosé Manuel Felpeto presenta en Cabreiros a súa segunda novela

Por 22 Decembro, 2023Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

O xermadés Xosé Manuel Felpeto Carballeira presentará este sábado, 23 de decembro, o seu libro Branco xiz tirando a negro, a súa segunda novela, despois de O pau de ferro.

A presentación terá lugar ás 18.30 horas na casa escola Chao, en Cabreiros, ao amparo da asociación veciñal e o autor estará acompañado de Xoán Cuba.

“Quero agradecervos a vosoutros, os lectores, por facer posible a fantástica acollida que tivo O pau de ferro. Motivo mais que xustificado para verme na obriga de seguir mergullado nunha das miñas paixóns, o mundo da escrita. O resultado, recentemente saído do forno, será presentado no local social da A. VV. de Cabreiros. Oxalá sexa do voso agrado: Branco xiz tirando a negro. Así mesmo síntome afortunado e agradecido por poder contar con xente amiga e sempre comprometida coa cultura para axudarme a que este libro chegue ás vosas mans. Xosé Lastra Muruais, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Leandro Lamas Hermida, Santiago Martínez García e por seguir confiando en min a Editorial Tris Tram, S.L.U.