Skip to main content
Xermade

O libro ‘Branco xiz tirando a negro’ de Xosé Manuel Felpeto presentouse en Cabreiros

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O xermadés Xosé Manuel Felpeto Carballeira vén de presentar o seu libro Branco xiz tirando a negro, a súa segunda novela, despois de O pau de ferro, una edición con moito éxito e recoñecemento.

Esta segunda obra, na que tamén se trata a vida no campo galego, ten como protagonista un home que pasa da vida urbana á rural e compara as súas formas de vida como a urbana máis fría e a rural máis cálida. Ademais, engade referencias cinematográficas en toda a obra.

A casa escola Chao, en Cabreiros, Xermade, foi o lugar elixido para a presentación desta obra, xunto á asociación veciñal e Xoán Cuba.

“Quero agradecervos a vosoutros, os lectores, por facer posible a fantástica acollida que tivo O pau de ferro. Motivo máis que xustificado para verme na obriga de seguir mergullado nunha das miñas paixóns, o mundo da escrita. O resultado, recentemente saído do forno, será presentado no local social da A. VV. de Cabreiros. Oxalá sexa do voso agrado: Branco xiz tirando a negro. Así mesmo síntome afortunado e agradecido por poder contar con xente amiga e sempre comprometida coa cultura para axudarme a que este libro chegue ás vosas mans. Xosé Lastra Muruais, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Leandro Lamas Hermida, Santiago Martínez García e por seguir confiando en min a Editorial Tris Tram, S.L.U”, sostivo o autor.