Skip to main content
Xermade

Fernando González foi o gañador do IV Concurso de Decoración de Nadal de Xermade pola súa árbore

Por 28 Decembro, 2023Decembro 29th, 2023Sin comentarios

Entregáronse os premios do IV Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Xermade, no que participaron veciños e veciñas do municipio decorando as súas árbores, o seu belén, as súas casas e os seus establecementos.

Así, cada categoría obtivo un premio para recoñecer o esforzo, a ilusión e o cariño das persoas que participaron no concurso e así fomentaron a dinamización do Nadal no municipio.

Fernando González foi a persoa premiada na categoría Árbore, Ana B. Corral Martínez gañou na categoría Belén, Sarai Paz Prieto gañou a categoría Decoración interior, mentres que Miriam Seoane Dorado gañou a de Decoración exterior. Por último, Noemí Vigo Guerreiro gañou na categoría Establecementos comerciais e Locais de Asociacións veciñais con ‘A túa lenda NG Gourmet’.