Skip to main content
Burela

Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde

Por 11 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional.

O próximo venres 19 de xaneiro, ás 19.00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá un acto de presentación do proxecto á cidadanía que terá unha duración aproximada dunha hora.

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promover a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades entre outros, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica, dirixidas a promover hábitos de vida saudables, previr enfermidades e lesións, actuando de maneira integral sobre factores tales como a actividade física, a alimentación ou o benestar emocional, entre outros”, explica a alcaldesa, Carmela López.

Os concellos deben ter un papel fundamental para implementar este tipo de estratexias de promoción da saúde, co obxectivo de influír de maneira directa e positiva na vida as persoas e mellorar a súa calidade de vida.