Skip to main content
Burela

A casa da xuventude de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo ‘Ciencia á feira’

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A casa da xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo ‘Ciencia á feira’. O obradoiro versará sobre xestión sustentable da auga e comezará este venres 19 de xaneiro ás 11.30.

As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.

O ciclo ‘Ciencia á feira’ está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral, e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade