Skip to main content
Burela

Presentase en Burela a Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde

Por 19 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela acolle hoxe o acto de presentación do proxecto de adhesión á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional. Será ás 19.00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promover a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades entre outros, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica, dirixidas a promover hábitos de vida saudables, previr enfermidades e lesións, actuando de maneira integral sobre factores tales como a actividade física, a alimentación ou o benestar emocional, entre outros”, explica a alcaldesa, Carmela López.

Os concellos deben ter un papel fundamental para implementar este tipo de estratexias de promoción da saúde, co obxectivo de influír de maneira directa e positiva na vida as persoas e mellorar a súa calidade de vida.