Skip to main content
Burela

O PP lamenta que “a Escola de Música de Burela estea parada”

Por 19 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Burela lamenta a “pésima xestión que está facer o goberno bipartito” en relación á Escola Municipal de Música. Os populares amosan a súa preocupación porque “leva parada dende principios de ano” e dende o goberno bipartito “poñen como escusa que están pendentes dun proceso selectivo para a contratación de persoal”.

A este respecto, os concelleiros do PP aclaran que “este proceso debería estar feito nas épocas de menor actividade da propia escola ou nas épocas nas que estivo parada, tal e como demandan os usuarios e usuarias”.

De feito, “moitos usuarios están buscando unha saída formativa ás carencias que atopan na Escola de Música de Burela noutros concellos da Mariña como poden ser o de Foz ou Viveiro. E gran parte deles xa manifestaron que non van volver á de Burela”.

Os populares comparten as queixas dos usuarios que “non entenden que a estas alturas do curso, cando se teñen pagado tódalas matrículas, se despida ao 70% do profesorado” tendo en conta que “o proceso de selección de persoal se debería facer cando a escola non tivera actividade ou esta fora baixa”. A este respecto, “os comunicados remitidos polo señor Pillado Mon parece que non convencen aos usuarios”.

Para os populares “este é un máis dos despropósitos do bipartito local que pon de manifesto a falta de madurez do goberno encabezado pola señora López Moreno”.