Skip to main content
Burela

Burela adhírese á Estratexia de Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Onte pola noite, no auditorio da Casa da Cultura, houbo un acto de presentación da adhesión do Concello de Burela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica”, explica a alcaldesa, Carmela López

“Saúde en Todas as Políticas é un enfoque de saúde pública que toma en conta, de maneira sistemática, as implicacións das decisións sobre a saúde, busca sinerxias, e evita impactos negativos sobre a saúde, co obxectivo de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde”, engade López.

“A partir de xa crearemos unha mesa de traballo onde todos os veciños e veciñas de Burela se vexan representados e un mapeo de todos os recursos de saúde cos que conta a nosa vila: rutas, cursos, servizos… para que cada un de vós sexa coñecedor de todos os lugares e actividades que contribúen á saúde e ao benestar na nosa vila”, remata a alcaldesa.