Skip to main content
Burela

Celebrouse unha nova reunión do Grupo de Participación Adolescente de Burela na casa da Xuventude

Por 27 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Celebrouse unha nova reunión do Grupo de Participación Adolescente de Burela na casa da Xuventude. Nela a rapazada recibiu a visita de Begoña, monitora da Aula Gaia, que informou das actividades previstas para o entroido.

Tamén tiveron a visita de Rosa, da Unidade de Atención Temperá, que lles deu a coñecer o servizo e a continuación puideron seguir traballando nas actividades que teñen previstas a medio prazo.

O Grupo de Participación Adolescente reúnese os mércores de 19.00 a 21.00 horas dúas veces ó mes, polo que as seguintes reunións serán o 7 e o 21 de Febreiro.