Skip to main content
Burela

Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta polo río Eo-Pena Millares, en Ribeira de Piquín

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta Río Eo-Pena Millares, en Ribeira de Piquín o domingo 4 de febreiro.

O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8.30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade moderada, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.