Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Alcoa iniciou a reactivación das primeiras cubras de electrólise de San Cibrao

Por 29 Xaneiro, 2024Xaneiro 31st, 2024Sin comentarios

A multinacional estadounidense Alcoa iniciou a reactivación das primeiras cubras de electrólise da fábrica de Aluminio de San Cibrao. Para este proceso achegáronse varios especialistas de Canadá que asesoran aos traballadores encargados do proceso xa que nunca antes se experimetara esta situación na planta.

Así, comezaron a entrar en calefaciión dúas cubas que se enchufaron á Rede Eléctrica Española para ilas quentando para o futuro rearranque que será dentro de varios días.

Segundo os seus datos a finais do 2023, este proceso estará completo ao 100 % en outubro de 2025 o que fará que estean activas 532 cubas de electrólise. Pero en  abril terán que estar reactivadas as primeiras cubas, 32 das máis de 500 que hai na factoría.

O presidente do comité, José Antonio Zan, sinala que o importante é o plan de viabilidade para a fábrica e pídelle ás administracións que estean vixiantes pois ” o atraso na preparación do rearranque das cubas pode poñer en perigo o compromiso de que as 32 estean en marcha o 31 de marzo”.

Neste tempo de hibernación, a multinacional mantivo os postos de traballo na súa totalidade que son arredor duns 1.000 traballadores, e fixo investimentos para modernizar a factoría cervense, malia que falta o novo forno de ánodos.

Tamén neste período de tempo tramitáronse os parques eólicos que deberán abastecer ao complexo industrial no futuro. Está previsto que un total de nove parques eólicos subministren a Alcoa-San Cibrao a enerxía necesaria para producir alúmina e aluminio a un prezo competitivo. Deles cinco xa foron autorizados polo Ministerio de Transición Ecolóxica. No caso doutros catro, o Goberno de España agardou ata o último día do prazo, fixado o 14 de novembro, día no que a Xunta de Galicia remitiu a Madrid os seus informes sectorais, polo que non foi posible completar a tramitación administrativa en prazo.