Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAFoz

Novas confirmacións para o Riosmar Fest de Cangas de Foz

Por 28 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A comunidade de montes veciñais en man común Real, Rañadoiro e Agudo de Cangas de Foz seguen cos preparativos do Riosmar Fest, o festival de grandes orquestras focego.

Esta cita, que será no campo de fútbol de Cangas o vindeiro venres 22 de marzo, contará con grandes orquestras para animar a festa. Polo momento tan só confirmaron que estará París de Noia e a Litainer.

Na edición 2023 contou con Djs Iampiti e Conxuro e co Macro Disco Level, e o recinto contou con servizo de barra. As entradas aínda non se poden adquirir, pero poderían oscilar o prezo do ano pasado, entre 10 euros e 12 o propio día.