Skip to main content
A Pontenova

Os Reis Magos lanzaranse na tirolina da Pontenova

Por 3 Xaneiro, 2024Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

O Concello da Pontenova prepara a Cabalgata de Reis o venres 5 de xaneiro. Na que as maxestades de Oriente lanzaranse en tirolina ás 17.30 horas.

Máis tarde, arredor das 18.00 horas, chegarán á praza dos Fornos para falar e divertirse cos pequenos.

Despois trasladaranse ata a casa da cultura para repartir agasallos e lambetadas a todos os visitantes.