Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova inaugurará o vindeiro 21 de xaneiro a nova ruta das Minas

Por 18 Xaneiro, 2024Xaneiro 19th, 2024Sin comentarios

O Concello da Pontenova inaugurará para o vindeiro 21 de xaneiro a nova ruta das Minas cunha andaina que terá saída desde praza dos Fornos.

Ás 9.30 horas será a concentración dos participantes na praza e tamén haberá un reparto de bolos preñados e auga. Xa ás 10.00 horas será a saída dos sendeiristas cara o comezo da ruta que terá unha distancia 5,6 quilómetros.

A media mañá farase o reagrupamento dos participantes nas Penas do Castelo e ás 14.00 horas será a o remate da andaina.

Para participar será necesario anotarse chamando 982 342 101 ou 697 532 809 ou mandando un email a turismo@concellodapontenova.org.

Esta ruta ten ramplas pronunciadas malia que non é necesario estar nun excelente forma física. Recomendan levar botas de sendeirismo, roupa cómoda, bastóns, e unha pequena mochila con bebida e algo de comida.

O camiño discorre xunta a chamada Vía Ferrata, un tramo curto que pode facerse nuns 15 minutos, e está marcado con grampas, cables, cadeas, e para ela será necesario colocarse os arneses para poder desprazarse polas rochas. Xa desde Penas do Castelo tamén se pode ir ás rutas da mina Consuelo ou a dos Fornos.