Skip to main content
A Pontenova

A parroquia pontenovesa de Sampaio celebra as festas de San Paulo

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O lugar de Sampaio, na parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará as festas de San Paulo os días 3 e 4 de febreiro, sábado e domingo.

O sábado haberá misa ás 13.30 horas e a continuación sesión vermú amenizada por DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena, a partir das 22.00 horas,  xunto coa cantante Verónica Cambón.

E para o domingo está programada sesión vermú amenizada por Verónica Cambón a partir das 13.30 horas.

O campo da festa estará cuberto cunha carpa calefactada. Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños de Sampaio.