Skip to main content
Ribadeo

O BNG de Ribadeo denuncia que o Goberno local “volve aos vellos tempos de vai facendo que logo xa se verá”

Por 31 Xaneiro, 2024Sin comentarios

No pleno do martes 30 de xaneiro, “o alcalde de Ribadeo deu mostras claras dun regreso das prácticas caciquís ao Concello de Ribadeo coa colocación dun armatoste na escalinata do Concello”, din desde o BNG. A preguntas do grupo nacionalista da man de Vicente Castro, “o rexedor non foi quen de confirmar a existencia do preceptivo informe de Patrimonio para facer unha actuación desa envergadura nun edificio do casco histórico que ten protección integral”.

“Como moito, deixou caer, como quen non quere a cousa, que houbo algunha chamada” e mesmo se referiu a “un correo electrónico no que se abordou o tema. Pero informe preceptivo por parte de Patrimonio autorizando esa actuación, non. Velaquí o vello costume urbanístico de ir facendo que logo xa se verá. Velaquí as ansias de Daniel Vega de recuperar os vellos costumes decimonónicos”, engaden.

O BNG de Ribadeo, a través da concelleira Raquel Ferreira, manifestou que “levamos moitos anos defendendo o sistema sanitario público galego nas rúas e nas institucións promovendo actuacións na súa defensa. Non é algo novo. E, por iso, non é de recibo que, sen tempo suficiente para estudar a proposta, se presente de xeito improvisado e ás presas esa moción”.