Skip to main content
Viveiro

O atleta viveirense Adrián Ben e á asociación deportiva San Roque fixeron unha doazón de alimentos

Por 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O atleta viveirense Adrián Ben e á asociación deportiva San Roque fixeron unha doazón de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para as familias da vila que os necesiten.

O pasado 30 de decembro organizaron unha actividade deportiva e solidaria cos nenos e nenas de Viveiro. Os participantes fixeron doazóns que agora repartirá Servizos Sociais entre as familias máis necesitadas do concello.

Lucía Míguez, traballadora social e directora adxunta de Servizos Sociais, recolleu os alimentos e os produtos de hixiene da man de dous representantes da asociación deportiva San Roque.