Skip to main content
Castroverde

Programada para abril a I Ruta Cicloturista A Fortaleza, en Castroverde

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Xunta de Galicia apoia a I Ruta Cicloturista A Fortaleza, que se celebrará o vindeiro 20 de abril en Castroverde organizada pola asociación cultural e deportiva A Fortaleza Sport. A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación, na que participou a secretaria territorial, Marta Barreiro, e representantes da organización.

O programa inclúe tres percorridos de diferentes lonxitudes e dificultades. Así, haberá dúas rutas BTT, unha de 30 quilómetros e outra de 50; e unha de Gravel, que abrangue 68 quilómetros. As probas non terán carácter competitivo. A maior parte do itinerario transcorre por camiños rurais e forestais de Castroverde. O prazo de inscrición está aberto a través da plataforma ccnorte.com, onde as persoas interesadas poden ampliar a información sobre esta actividade.