Skip to main content
Comarca LUGOXALugo

O movemento veciñal a favor do campus supera o centenar de adhesións

Por 13 Xaneiro, 2024Xaneiro 14th, 2024Sin comentarios

O Movemento Cívico en favor do Campus de Lugo, posto en marcha pola Federación de veciños Lucus Augusti anunciou que sobrepasan o centenar de colectivos adheridos a esta iniciativa.

As últimas incorporacións son a Sociedade de Caza e Pesca de Fonsagrada, ACRD Aturuxeiros de Bravos (Ourol), ANPA Chinchaollo CEIP Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo), Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (Asgafon), Asociación de propietarios de Montes de Piornedo.

Ademias, o martes 16 de xaneiro de 2024, ás 13:00 horas, no salón de plenos da Deputación Provincial de Lugo, asinará o manifesto de apoio ao Campus de Lugo, o presidente da Deputación, José Tomé Roca, e acudirá unha ampla representación do Movemento Cívico Campus Lucense, que se estiman nunhas 50 persoas de concellos da pProvincia, colexios profesionais, entidades culturais, agrícolas, recreativas, sindicatos, etc.

Por outra banda, o xoves 18 de xaneiro, ás 12:00 horas, na sede do Vicerreitorado do Campus de Lugo, manterán a entrevista solicitada co reitor da USC, Antonio López. O reitor desprázase de Santiago a Lugo para ter esta reunión. Tamén acudirá unha representación do movemento en función da capacidade do lugar onde se celebre a reunión.

O colectivo segue á espera de noticias por parte do conselleiro de Educación da Xunta de Galicia ao que solicitaron unha reunión para tratar de atopar vías para manter o campus de Lugo no seu estado actual.

“Queremos lembrar que o noso Movemento Cívico Campus Lucense, loita porque non se mingüe ningunha titulación no Campus de Lugo. Así mesmo, estamos a pedir que se cambie a Lei que fixa un cociente de 45 alumnos para poder levar a cabo un Grao Universitario. Defendemos que se actualice esta Lei e rebáixese o número de 45 alumnos. Tamén defendemos que, nos primeiros cursos de grao, as clases teñan que ser presenciais e non en liña e así mesmo, pedimos que o Campus de Lugo non teña que compartir con outros Campus nos últimos cursos de grao”, explica.