Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Remata o VI Torneo de Nadal de fútbol sala organizado por Lugo Sala

Por 8 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Moprisala Toledo, O Esteo FS, O Parrulo Ferrol e Acasti Reformas Lugo Sala foron os vencedores desta nova edición.

A sexta edición do Torneo de Nadal que organizou Lugo Sala finalizou tras cinco días de competición con poucos premios para a provincia.

Realizáronse dúas fases e máis de 160 partidos disputados en seis categorías e con máis de mil xogadores participantes de 106 equipos que gozaron da competición nos cinco pavillóns da capital lucense nos que se disputaron todos os encontros.

A iso hai que sumarlle todo o público cos familiares que acudiron á cidade polo que este evento converteuse un ano máis nun referente a nivel galego e nacional sendo así un destino turístico-deportivo e por tanto unha inxección económica para a cidade.

Finalmente, Moprisala Toledo en categoría infantil e benxamín, o O Esteo FS en alevín, O Parrulo Ferrol en xuvenil e Lugo Sala en cadete foron os grandes triunfadores do torneo tras proclamarse campións.

Os resultados quedaron así:

FASE AUTONÓMICA

CATEGORÍA PREBENXAMÍN – TROFEO DESTELLOS:

  • Mellor porteiro: Salvado Pardo (O Parrulo Ferrol).
  • Mellor xogador: Martín (Unión Arroyo).
  • Subcampión: O Parrulo Ferrol.
  • Campión: Unión Arroyo.

CATEGORÍA BENXAMÍN – TROFEO HUNO PELUQUEROS:

  • Mellor porteiro: Teo Castro (Troula Betanzos).
  • Mellor xogador: Simón Gil (Troula Betanzos).
  • Subcampión: Pádel Box Lugo Sala.
  • Campión: Troula Betanzos*.

CATEGORÍA ALEVÍN – TROFEO MUEBLES BLANCO:

  • Mellor porteiro: Eloy Fernández (Troula Betanzos).
  • Mellor xogador: Aritz Fernández (Troula Betanzos).
  • Subcampión: Troula Betanzos.
  • Campión: Carballiño FS*.

CATEGORÍA INFANTIL – TROFEO ACASTI REFORMAS:

  • Mellor porteiro: Iago Rascado (O Parrulo Ferrol).
  • Mellor xogador: Carlos (O Parrulo Ferrol).
  • Subcampión: Troula Betanzos.
  • Campión: O Parrulo Ferrol*.

CATEGORÍA CADETE – TROFEO EL CONSULADO BAR:

  • Mellor porteiro: Martín Arnoso (Troula Betanzos).
  • Mellor xogador: Diego Fernández (Troula Betanzos).
  • Subcampión: Troula Betanzos
  • Campión: Carballiño*.

CATEGORÍA XUVENIL – TROFEO DEPORTES A CHAIRA:

  • Mellor porteiro: David Cagido (Troula Betanzos).
  • Mellor xogador: Xoel López (Os Meigallos).
  • Subcampión: Troula Betanzos.
  • Campión: Os Meigallos*.

(*) Equipos clasificados para la fase Nacional.

FASE NACIONAL

CATEGORÍA BENXAMÍN – TROFEO LIMPIEZAS BT:

  • Mellor porteiro: Unai García (O Esteo FS).
  • Mellor xogador: Antonio Gómez (Moprisala Toledo).
  • Subcampión: O Esteo FS.
  • Campión: Moprisala Toledo.

CATEGORÍA ALEVÍN – TROFEO RF FISIOCLÍNICA:

  • Mellor porteiro: Teo Bollo (O Esteo FS).
  • Mellor xogador: Isaac Bertol (Moprisala Toledo).
  • Subcampión: Moprisala Toledo.
  • Campión: O Esteo FS.

CATEGORÍA INFANTIL – TROFEO PARRILLADA FONSAGRADA:

  • Mellor porteiro: Gabriel Carmelo (Moprisala Toledo).
  • Mellor xogador: Mikel Fernández (O Parrulo Ferrol).
  • Subcampión: O Parrulo Ferrol.
  • Campión: Moprisala Toledo.

CATEGORÍA CADETE – TROFEO FRUTAS LUGO:

  • Mellor porteiro: Eneko Paniagua (Moprisala Toledo).
  • Mellor xogador: Pablo Seoane (Acasti Reformas Lugo Sala).
  • Subcampión: Moprisala Toledo.
  • Campión: Acasti Reformas Lugo Sala.

CATEGORÍA XUVENIL:

  • Mellor porteiro: Diego Castro (O Parrulo Ferrol).
  • Mellor xogador: Raúl Villar (Acasti Reformas Lugo Sala).
  • Subcampión: Acasti Reformas Lugo Sala.
  • Campión: O Parrulo Ferrol.