Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Breogán anuncia o regreso do Sarkho na xornada que di adeus á competición europea

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Fixeron un gran papel, pero non puido ser. O Breogán despediuse da competición europea co orgullo do traballo ben feito pero coa derrota ante o Pinar Karsiyka turco no terceiro partido do play in da BCL.

O Breogán foi por detrás no marcador pero non se deixou dominar e incluso logrou o empate preto do final aínda que a eficacia do rival foi crucial para levar o marcador ao 86-76 do final.

Gran papel de Sergi Quintela, responsable de 14 puntos.

REGRESO DE SARKHO

O Río Breogán chegou a un acordo para a incorporación do interior congoleño de 2,07 m, Jordan Sakho (Kinshasa,4 de abril de 1997).

Jordan Sakho, que cumprirá a súa segunda etapa no Río Breogán, procede do UCAM Murcia, onde promediou 2,3 puntos e 2,2 rebotes en 9’ de media en Liga Endesa e 5,3 puntos e 3,5 rebotes en 12’ de media na Basketball Champions League.

Sakho é un pivote con bo físico, capacidade de intimidación, xogo preto do aro e bo reboteador, substituirá a Diouf e completará o xogo interior celeste ata o final de tempada. O pivote formou parte do equipo celeste que participou na Copa do Rei en 2021.