Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O baloncesto base estreou este sábado as novas canchas do Anexo

Por 21 Xaneiro, 2024Sin comentarios

60 equipos lucenses empregan habitualmente as instalacións, que contan cun pavimento coa máxima certificación da FIBA.

A base do baloncesto lucense estrearon esta mañá as pistas do Anexo, completamente renovadas tras as melloras realizadas nos últimos meses. Coincidindo coa volta das competicións ao recinto, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizou un encontro que reuniu xogadoras e xogadoras dos clubs que empregan habitualmente as instalacións.

Unha ampla representación de xogadoras e xogadores Ensino e Breogán, acompañados Maximus, deron a benvida as nenas e nenos que se achegaron ás instalacións a probar as novas canchas, completamente renovadas coa instalación dun parqué que conta coa máxima certificación da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) na categoría de pavimentos de madeira de competición.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro aproveitou o encontro para agradecer “aos clubs e ás familias a colaboración para facilitar os traballos se realizaron nos últimos meses” e valorou tamén “a presenza de Breogán e Ensino que representan os soños que perseguen moitas e moitos dos que estades aquí hoxe, estreando de forma simbólica as novas pistas”

Efrén Castro subliñou que “coa renovación completa das canchas cun material da máxima calidade, procuramos resolver de forma definitiva as deficiencias que acumulaba o vello pavimento, agravadas polas filtracións de auga” e confirmou “que a próxima semana as pistas estarán dispoñibles tamén para os adestramentos dos clubs da cidade que viñan empregando as instalacións”.

O vicepresidente da Deputación reiterou o compromiso da área de Deportes coa mellora e a modernización progresiva das instalacións provinciais e avanzou “que o vindeiro paso será a construción duns vestiarios específicos para o Anexo”.

Ademais do novo pavimento, que supuxo un investimento de 320.000 euros, as instalacións locen un aspecto renovado no interior, polo pintado das paredes , a instalación de vinilos ornamentais e o pintado e vernizado do mobiliario. A reforma supuxo tamén a instalación dun sistema de dobre porta nas dúas entradas ao recinto para evitar correntes de aire e manter a temperatura no interior.

Previamente ás actuacións no interior, executáronse traballos dirixidos a mellorar a impermebealización do edificio. Con este fin, retirouse a terra que bordeaba un dos laterais e limpáronse e ampliáronse os canlóns e baixantes da cuberta.

Tamén se renovou a iluminación do espazo, coa instalación 48 proxectores LED que substituíron as antigas luminarias.

Volta aos adestramentos

Ademais de recuperarse a actividade competitiva cos partidos desta fin de semana, a vindeira semana o Anexo volverá estar a disposición dos sesenta equipos de base de Estudiantes, Ensino, Franciscanos, Maristas e Cidade de Lugo que viñan empregando as instalacións para os adestramentos semanais.