Skip to main content
Baralla

Baralla celebra a súa festa de Entroido o vindeiro 11 de febreiro

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Baralla celebra a súa festa de Entroido o vindeiro 11 de febreiro no pavillón municipal e estará organizada polo Concello e a asociación cultural Airiños do Neira.

A celebración consistirá nun concurso de difraces para o que será necesario anotarse antes da saída na área recreativa ás 17.30 horas. Ademais haberá pasacalles pola vila ata chegar ao pavillón.

Poderase concursar en comparsas, parellas ou de xeito individual. Para as comparsas haberá tres premios, o primeiro de 250, o segundo de 150 e un terceiro de 100 euros. O mellor disfraz individual e a mellor parella recibirán un premio de 50 euros cada un. Tamén haberá un premio especial para unha comparsa.

A festa estará amenizada por Javi Show e Delfo e ademais contarán cun sorteo dunha cesta de Entroido e unha televisión.

Ao rematar a festa poderase desfrutar dunha cea ás 21.00 horas, que constará empanada, lacón, churrasco, sobremesa, café e bebida. Terá un prezo de 22 euros para socios, 30 euros para non socios, os alumnos menores de 12 anos pagarán 10 euros e os maiores de 12 anos serán 20 euros. O resto de nenos menores de 12 pagarán 13 euros.

Para anotarse será necesario chamar ao 626 290 324 ou 616 254 031.