Skip to main content
Castroverde

Xa hai gañadores do concurso de decoración de Nadal de Espasande

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A asociación veciñal de Espasande, en Castroverde, Forno da Vella, vén de facer público o resultado do concurso de decoración de Nadal, que se puxo en marcha en decembro.

Moita igualdade entre os que se presentaron pero aínda así gañou por un punto de diferenza (14) Casa de Ribón. Concederon dous accésits a Casa de Maruxo e Casa de Casanova, que empataron con 13 puntos cada un.