Skip to main content
Castroverde

Castroverde continúa co seu programa de impulso á compostaxe

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Castroverde continúa co seu programa de impulso á compostaxe doméstica. Tras varias sesións informativas, unha delas durante a feira, conta xa cun total de 30 familias no programa.

O obxectivo do mesmo é que as familias fagan na casa a súa propia compostaxe. O Concello facilita aos usuarios os composteiros de uso doméstico e aireadores así como asesoramento aos que o desexen.

As persoas que desexen unirse a esta iniciativa poden aínda solicitalo cubrindo este formulario. Para aquelas persoas que non estean habituadas ao uso da tecnoloxía, o Concello pon tamén formularios físicos na casa do Concello.

A veciñanza ten á súa disposición o número 647 521 464 e o correo residuos@concellodecastroverde.com para informarse ou para resolver calquera dúbida.

O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño da localidade e ter un pequeno xardín ou terreo, así como estar motivado co proxecto de compostaxe doméstica.