Skip to main content
Castroverde

O Pleno de Castroverde únese en defensa da atención primaria

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O grupo municipal do BNG de Castroverde conseguiu no último Pleno celebrado a unanimidade para a defensa dunha atención sanitaria digna en Castroverde.

A sesión plenaria aprobou na súa totalidade instar á Xunta de Galicia a que se cubran as ausencias pediátricas e de medicina familiar no centro de saúde de Castroverde.

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde achacou ao goberno da Xunta de Galiza o desmantelamento da atención primaria e “a mala xestión por parte da consellería de sanidade nestes 15 anos de desgoberno”.

“Agardemos que desta aprobación por unanimidade significa que imos estar todos os grupos políticos defendendo a sanidade de Castroverde en tódolos ámbitos nos que cada quen ten responsabilidades” conclúe Iria Castro.