Skip to main content
O Corgo

Os Cinco Ríos do Corgo recupera en marzo o mercado e rastro

Por 7 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Volve o mercadiño e rastrillo de cousas usadas do Corgo tras o éxito do ano pasado e que terá lugar ao lado da Cámara Agraria.

A asociación Os Cinco Ríos organiza a primeira xornada o primeiro domingo de marzo, que coincide día 3, que se celebrará na mesma data unha vez ao mes.

A xornada contará con postos de vendedores ambulantes e calquera particular tamén poderá poñer o seu posto. Ademais como novidade todas as persoas poderán levar unha cousa antiga para expor e a máis curiosa terá premio.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo nos teléfonos 636 584 282, 686 65 657 e 670 833 909.