Skip to main content
A Fonsagrada

O BNG da Fonsagrada convoca unha nova concentración en defensa da sanidade

Por 7 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A concentración será o luns 8 de xaneiro ás 12,00 horas diante do centro de saúde Os Chaos.

O Bloque Nacionalista Galego volve convocar unha nova concentración na Fonsagrada para este luns 8 de Xaneiro de 2024 para seguir a reivindicar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Rosa Rego explica que “a día de hoxe na Fonsagrada quedan 3 facultativos, e Negueira de Muñiz esta sendo atendida de xeito provisional por un facultativo desprazado dende o PAC doutra comarca un día á semana”. Para ter atención de fisioterapia e xinecoloxía a poboación ten que desprazarse a Becerreá “o que implica desprazamentos de máis de hora e media e non só o tempo senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público” denuncia Rego

Nesta comarca con unha grande dispersión xeográfica e con unha poboación avellentada que non ten atención médica con toda asiduidade que precisan, ademais na comarca hai 6 residencias de maiores que tamén están cubertas polos facultativos dos centros de saúde. “Se os médicos teñen que saír a urxencias o centro de saúde queda desatendido” explica a concelleira.

“O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”, explicou Rosa Rego.