Skip to main content
A Fonsagrada

O BNG segue reivindicando unha atención sanitaria de calidade para A Fonsagrada

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O BNG voltou convocar hoxe , luns 22 de xaneiro, unha concentración pola defensa da sanidade pública da comarca. Na concentración participaron ducias de veciñas da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz.

O BNG da Fonsagrada, a través da súa concelleira, Rosa Rego presentou un escrito ante a valedora do pobo pola vulneración do dereito á saúde da veciñanza da Fonsagrada. En concreto, a redución da calidade e a fenda do sistema sanitario pola falta de asignación de persoal facultativo no PAC da localidade.

O servizo de saúde de Galiza (SERGAS) está a deixar só 2 persoas facultativas médicas fixas dun total de 5 para asistencia sanitaria das veciñas/os. “Hai que subliñar que A Fonsagrada é un concello difícil nas comunicacións, debido a súa grande extensión e a súa complexa orografía, é o máis grande de Galiza, e posúe unha poboación cunha elevada idade media, arredor dos 64 anos” explicou Rosa Rego

Estas singularidades fan que a asistencia sanitaria para as persoas que habitan este territorio sexan de grande importancia. Contar cun servizo acaído como ter resposta ante un risco ou urxencia, fai que contar cos recursos humanos como materiais necesarios sexan algo vital para garantir o benestar e poder facer viable a vida neste lugar.

Por todo isto, “rematar coa asistencia médica no PAC da Fonsagrada contempla a posibilidade de que só 2 persoas facultativas médicas queden para atender arredor de 4000 persoas, xa que este centro sanitario tamén exerce para o concello veciño de Negueira de Muñiz” demanda a concelleira.

Por  riba existe outra dificultade máis para as veciñas e veciños. Os servizos de atención primaria relacionados coa radioloxía, a rehabilitación fisioterapéutica ou a revisión xinecoloxía están derivados na localidade de Becerreá, o que supón un percorrido en coche, nos mellores dos casos de 1 hora aproximadamente, e cunha distancia que poder chegar até os 85 quilómetros, si se tratarse dun veciño do norte do concello. E a esta dificultade engádese que non se dispón de ningún servizo de transporte público que conecte as dúas localidades.

“Ante este contexto, a veciñanza ten aportado diferentes queixas ante o SERGAS, as que nunca foron atendidas e nin se optaron por implementar medidas axustadas as solicitudes” conclúe Rego.