Skip to main content
Lugo

Castroverde volve manifestarse hoxe pola falta de médicos no centro de saúde

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O BNG convoca unha concentración en Castroverde pola defensa do Centro de Saúde da vila. Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, explicou que “na ausencia das doutoras titulares, houbo substitucións pola tarde pero a veciñanza non foi avisada, ademais, non se pode coller cita ata o día 4. Ter un médico substituto pola tarde sen que ninguén o saiba é malgastar os recursos”.

“Este desmantelamento non é algo de agora senón que xa comenzou en 2010 cando quitaron a sede da ambulancia medicalizada para O Corgo e posteriormente eliminaron unha praza dun facultativo e quedaron 2 prazas para 2500 habitantes a maioría unha poboación moi envellecida e polo tanto que precisa unha atención médica continua”, di.

“A veciñanza de Castroverde estamos fartas de que nos quiten servizos e fartas de non ter facultativos que nos atendan. Ademais temos que ter en conta que a atención pediátrica esta compartida coa Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas nunca se substitúe. Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12″, explicou a nacionalista. .

Ante esta situación, o BNG de Castroverde convoca a toda a veciñanza afectada a unha concentración para hoxe, martes 2 de xaneiro ás 12.00 horas diante do centro de saúde.

Iria Castro “anima á cidadanía a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública”.