Skip to main content
BurelaLugoMonforteSarria

Publicada a creación de 25 postos de traballo nas residencias da Xunta e o CAPD de Sarria

Por 3 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Xunta aprobou a creación de 24 novos postos de traballo nas residencias de maiores da provincia de Lugo e no Centro de Atención a persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Consellería de Política Social e Xuventude, que recolle esta ampliación do cadro de persoal.

No conxunto da provincia, créanse dous postos de persoal enfermeiro, 14 de auxiliares de clínica, tres de camareiro/limpador, catro de subalternos e un de axudante de cociña. Distribúense entre as residencias de maiores de Burela, Monforte de Lemos, As Gándaras e A Milagrosa (Lugo) e o CAPD de Sarria.

Segundo recolle o DOG, a modificación da relación de postos da Consellería foi aprobada pola Xunta unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, e entra en vigor xa ao inicio deste ano.