Skip to main content
Lugo

Lugo por Palestina reclama ao concello que colgue para a Cabalgata a bandeira

Por 5 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Plataforma Lugo por Palestina lembra que a moción presentada no Concello de Lugo de apoio á situación que se vive actualmente neste lugar foi aprobada no último pleno.

Entre as esixencias enumeradas e aprobadas nesa moción, está a de colgar na casa consistorial, no Concello, a bandeira Palestina mentres dure o xenocidio sobre o pobo Palestino perpetrado por Israel.

Os membros da asociación propoñen que un bo día para colocar esta bandeira é hoxe, xornada “na quee veñen as súas Maxestades de Oriente”.

Os membros deste colectivo esixen que se cumpran xa as esixencias aprobadas na moción do 28 de decembro. “E que esa bandeira se faga visible para que o Concello amose o seu compromiso e falemos de dignidade”.