Skip to main content
Lugo

Os Reis Magos triunfaron en Lugo malia a intensa choiva

Por 5 Xaneiro, 2024Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

Fermoso Planeta foi o título baixo o que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organizou a cabalgata de Reis, na que participaron máis de 90 artistas, xunto con 32 paxes reais, nenos e nenas dando corpo a un total de 12 espectáculos tiveron lugar durante o percorrido.

A cabalgata saíu ás 18 horas do parque da Milagrosa, continuando pola rúa Monte Faro e a avenida da Coruña e chegou á praza Maior ás 19:45. A cabalgata estivo formada por varios espectáculos precedendo ás carrozas, ademais de música e espectáculos a cargo da Tambukda e Cántigas e Frores, cun percorrido no que se repartiron máis de 4.000 quilos de caramelos.

Na súa chegada ao Concello, os Magos de Oriente agasallaron ao Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e á alcaldesa de Lugo cunhas figuras de chocolate coa imaxe dos Magos de Oriente.

Antes da recepción dos Magos de Oriente ás nenas e nenos de Lugo, o rei Melchor dirixiuse a todas as persoas presentes na praza Maior, cunha mensaxe a favor da conservación do medio ambiente e da reciclaxe, en liña coa temática dos espectáculos da cabalgata.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da Corporación Municipal, recibiu  na Casa Consistorial aos Reis Mago, tralo desfile polas rúas de Lugo. Méndez deulles a benvida á cidade durante un encontro celebrado no Salón de Plenos do Concello, antes de que as súas maxestades de Oriente recibisen persoalmente aos nenos e nenas lucenses, quen lles transmitiron os seus desexos.

Previamente, a rexedora e os Reis Magos saudaron aos centos de veciños e veciñas que se achegaron ata a Praza Maior para ver e saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, nunha tarde-noite máxica para as crianzas lucenses. A alcaldesa agradeceu aos Reis o esforzo para chegar a todos os fogares e destacou o bo comportamento dos nenos e nenas da cidade.