Skip to main content
Lugo

Melloran os accesos ao cemiterio coa automatización da porta lateral

Por 7 Xaneiro, 2024Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, visitaron o Cemiterio Municipal, onde na xornada de hoxe se completou a instalación dunha porta automática no seu acceso lateral. Cristina López explicou que “esta mellora permitirá aumentar a accesibilidade e a calidade das instalacións no Cemiterio Muinicipal, e facilitarán o acceso polo lateral tamén para persoas con mobilidade reducida”.

Segundo a edil de Participación, “continuamos a mellorar o Cemiterio atendendo neste caso a unha reclamación da veciñanza”. A porta automática instalouse no acceso lateral, comunicando coa zona nova do Cemiterio, onde nos últimos anos se realizou unha ampliación para garantir a dispoñibilidade de espazo.

Con esta mellora, a Tenencia de Alcaldía continúa a mellora das instalacións do Cemiterio Municipal. A edil de Participación, Cristina López animou a toda a veciñanza a visitar o Cemiterio de San Froilán, e a desfrutar “das distintas actividades que se organizan desde o Goberno de Lugo, como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo”.