Skip to main content
Lugo

O PP di que Méndez empregou o Concello como trampolín á Xunta

Por 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Os populares fixeron unhas declaracións para valorar a marcha de Lara Méndez da Alcaldía de Lugo. Amosaron o “seu respecto á decisión persoal de Méndez de dimitir” pero dende o punto de vista político consideran que o anuncio “acredita que Méndez empregou o Concello como trampolín para facerlle oposición á Xunta en vez de gobernar para a veciñanza de Lugo”.

A renuncia de Méndez certifica “o uso das institucións que está facendo o PSOE sempre que ten ocasión, dende La Moncloa ata o Concello de Lugo” e confirma que “a alcaldesa antepuxo ao interese xeral as súas metas persoais e políticas, como a preparación da súa candidatura ao Parlamento Galego”.

Diante desta situación estamos preocupados “pola orfandade coa que queda a institución municipal deixando entrever problemas internos no PSOE e a un BNG absolutamente noqueado que certifica que estamos diante dun goberno en descomposión, que non cre nin en Lugo nin nas súas propias posibilidades como xestores”.

Avanzan que esta decisión tamén explica “as constantes mentiras” no que a xestión da Xunta se refire xa que “en ningún momento a Lara Méndez lle importou resolver, unicamente estaba intentando danar a imaxe da institución autonómica para preparar a súa candidatura”.

Os populares cuestionan o beneficio que suporá a súa fichaxe de Lara Méndez nas listas autonómicas “incorporan a un perfil pésimo en xestión” indicando que o seu aval para pedir o voto para o PSOE “é todo o que deixou pendente e sen resolver en Lugo: a súa carta de presentación é unha longa lista nos DEBE e unha baleira no HABER” polo que queda claro que a mellor opción para todos os lucenses é seguir confiando en Alfonso Rueda e o seu goberno.

“Prometeu proxectos clave como facer a praia fluvial e un novo pavillón polideportivo pero ningún se materializou. A xestión urbana empeorou, con atrasos en licenzas; empeorou a mobilidade cun trazado absurdo do carril bici sen dar alternativas para aparcar; incumpre os ODS da auga xa que a maioría das parroquias están sen saneamento e abastecemento, entre outros exemplos”, conclúen.