Skip to main content
Lugo

O sector da limpeza incrementa as concentracións cando se superan os 90 días de folga

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

As concelleiras do BNG, Maite Ferreiro e Cristina López, estiveron presentes na mobilización convocada pola CIG. O sector, que supera xa amplamente os 80 días de folga, reclama un convenio digno que mellore as condicións de vida das traballadoras da limpeza, un sector amplamente feminizado e precarizado.

O sector demanda un convenio colectivo digno, ante a oferta presentada pola patronal, que suporía deixar as traballadoras na total precariedade. Na actualidade, as traballadoras levan cos soldos conxelados dende o ano 2021, cando venceu o convenio, e que hai categorías que xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional. Ao pleno achegáronse as traballadoras do sector, que levan en folga desde o pasado 16 de outubro

A limpeza é un servizo esencial, tal e como quedou demostrado durante a pandemia e como se está a evidenciar na folga indefinida que as traballadoras e traballadores iniciaron o pasado luns. Nesta situación, as traballadoras e traballadores do sector levan en Folga Indefinida desde o pasado 16 de outubro para reivindicar a sinatura dun convenio colectivo digno que garanta como mínimo superar o SMI e que garanta manter o poder adquisitivo en base a unha cláusula de revisión salarial.

A folga indefinida ampliouse ás catro provincias con paros de 24 horas en Pontevedra e Ourense e tamén mobilizacións na Coruña