Skip to main content
Lugo

Arranca a XLVI Semana de Cine de Lugo coa presentación de películas candidatas

Por 11 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A cita, xa consolidada na cidade coa súa cadraxésimo sexta edición, terá lugar do 23 ao 29 do próximo mes de setembro.

A Semana de Cine de Lugo celébrase nesta cidade desde 1979, promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Xunta de Galicia, e a colaboración da Universidade de Compostela-Campus de Lugo desde fai 45 convocatorias.

Abiuse onte oficialmente o prazo de presentación de películas (longametraxes e curtametraxes) para conformar a programación oficial da Semana. A presentación de películas poderá efectuarse ata o 10 de maio ás 14.00 horas do presente ano xa sexa de forma on line a través da plataforma dixital Festhome o Click for Festivals ou na tradicional, a través de secilug@gmail.com.

Poderán presentarse películas producidas entre 2022 e 2024, inclusive, e non poderán exhibirse nin editarse comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, VoD ou webs antes do 23 de setembro próximo.

As obras terán que ser de ficción, tanto imaxe real como animación, con máis de 60 minutos de duración en longametraxes, mentres que as curtametraxes non poderán exceder os 30 minutos. Se o idioma da película é outro diferente ao castelán, a obra deberá estar subtitulada.

Establécese preferencia a aquelas películas que traten temas e xéneros que poña en valor aos cineastas emerxentes no cine de carácter autoral do cine independente internacional, cine español inédito, camiño de Santiago, cine galego e o cine dentro do cine.

PREMIOS
En total establécense cinco premios. Mellor Película da Sección Oficial (Premio do Público); Premio do Xurado para a Mellor Película Documental; o Premio do Público á Mellor Película Galega, na versión longametraxe e na curtametraxe, e o Premio do Público á Mellor Curtametraxe.