Skip to main content
Lugo

Achegamento de posturas entre o PP de Lugo e Adega

Por 11 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo mantivo un encontro con Adega no que coincidiron en sinalar que “este goberno suspende en varios aspectos relacionados coa política medio ambiental e que hai unha incoherencia entre os titulares que venden e os proxectos que acometen xa que non cumpren coas expectativas coas que os presentan”.

Poñen enriba da mesa “un caso moi revelador”, o do edificio Impulso Verde. Afirman que se presenta como “a punta de iceberg dun barrio con características ecolóxicas; que supuxo un investimento millonario; que a día de hoxe segue sen ter un uso definido e que, por riba, suporá unha hipoteca xa que os custes de mantemento son moi elevados”.

Aseguran que hai exemplos que certifican que este goberno local suspende na xestión da auga, de feito, estes días foi expedientado pola Confederación Hidrográfica por verteduras, sendo un dos máis recentes, como subliñan, o do pasado 26 de outubro.

“Outra materia pendente é a do coidado das árbores e, nese senso, compartimos a preocupación de Adega polo exceso de formigón e o maltrato de zonas arboradas e verdes”, afirman.

Os populares explican os esforzos doutras administracións, como a Xunta, “na busca do maior consenso posible no eido ambiental, lembrando como co trazado da Rolda Leste se impulsou unha nova declaración de impacto ambiental entendendo que unha infraestrutura deste calibre debe facerse contando co acordo por parte de todas as administracións”.

Tras este primeiro encontro decidiuse que se programarán novas reunións de coordinación para traballar aspectos que se podan mellorar e trasladarllos ao goberno local e, así entre todos, impulsar medidas e accións para mellorar a política medio ambiental con feitos e non só con titulares.