Skip to main content
Lugo

Craega presenta un estudo sobre a diversidade nas explotacións ecolóxicas de bovinos

Por 12 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, clausurou onte en Lugo o acto de presentación do Estudo de cuantificación dos baremos cualificativos da biodiversidade nas explotacións de produción ecolóxica de bovinos de leite e carne, impulsado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

O director destacou na súa intervención a evolución positiva da agricultura ecolóxica en Galicia nos últimos anos, así como a importancia da Lei da Calidade Alimentaria para o futuro do sector. Sobre a publicación presentada hoxe, en concreto, abordáronse aspectos clave deste tipo de producións e outros temas como os efectos da zootecnia ecolóxica na biosfera, a través dos resultados obtidos ao analizar e comparar varias granxas de produción ecolóxica de bovinos.