Skip to main content
Lugo

O PP reclama ao PSOE que deixe gobernar á lista máis votada

Por 12 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Os populares aclaran que, independentemente de que respectan ás decisións personais, non aceptan as incertezas que está xerando o debate da sucesión de Lara Méndez.

O vicevoceiro popular Enrique Rozas foi tallante: “se non o teñen claro deixen gobernar ao partido que gañou as eleccións” engadindo que “os lucenses non merecen estar sufrindo o xogo de tronos que provocou a dimisión de Méndez”.

Estas declaracións fíxoas “á vista das informacións que publican diferentes medios de comunicación nos que primeiro confirman a Paula Alvarellos como sucesora de Méndez, mentres que hoxe apuntan que hai apoios para que a alcaldía a ocupe o concelleiro que foi como nº2 da súa lista Miguel Fernández”.

Diante desta crise no seo do PSOE, Rozas lembra que “o PP é a forza preferente dos lucenses como así se demostrou nas urnas en maio de 2023”.

A veciñanza non ten por que sufrir esta indecisión xa que “o que se espera dun alcalde ou é que deixe as cousas mellor de cando as atopou e, neste caso, nin tan sequera sabe estar para abandonar o posto” insistindo en que “é unha irresponsabilidade que Lara Méndez marche de Lugo para ir de número dous na lista de Besteiro sen deixar pechado o seu relevo”.

17 PREGUNTAS A COMISIÓN DE PLENO

“Dende o Grupo Popular seguiremos traballando e presentando iniciativas para mellorar os servizos e a atención cidadá e tamén para fiscalizar a acción de goberno. Vimos de rexistrar 17 preguntas para as comisións de pleno que se desenvolverán a vindeira semana”, avanzou.

Entre elas destacan a Comisión de Suxestións preguntas pola desactualización da páxina web do Mercado e a Praza, ou coñecer se se fixeron xestións para montar un mercadiño urbano na zona sur.

Na de Transición Ecolóxica solicitan información sobre renovación de colectores de lixo; hortos urbanos; tala de árbores da rúa Montevideo e sobre o horario da recollida de lixo no servizo de porta a porta.

En Cultura reclaman que se clarifique porque non está aberta ao público a cloaca do Carme inaugurada recentemente e a colaboración do Concello cos Eramus que están en Lugo.

En dinamización económica queren que se informe de prazos e situación do novo polideportivo; concesión de subvencións ao comercio local; entrega de certificados de servizos sociais ou sobre o funcionamento do Centro Social María Balteira

Na comisión de contas demandarán ao concello que habilite a posibilidade de conciliar e teletraballar para o persoal municipal; información sobre o convenio do polígono da Louzaneta; clarificar número de expedientes sancionadores da CHMS así como un chequeo sobre o Lugo Transforma.