Skip to main content
Lugo

O responsable de Medio Rural impartiu unha charla para a veciñanza da zona rural de Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular, á petición da veciñanza da zona rural de Lugo, organizou unha charla informativa que contou coa presenza do responsable de Medio Rural do goberno autonómico, José González, quen falou sobre os mecanismos de mobilización da terra agraria recollidos na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia.

A concelleira de Medio Rural, Flor Rubinos, explicou que “tendo en conta a sangría demográfica que afecta ás parroquias do concello de Lugo hai que aproveitar todas as oportunidades que temos ao noso alcance”.

Os populares manifestaron que “o apoio ao sector primario é unha prioridade para o goberno galego, como así se demostra coa diferentes axudas e mecanismos existentes para que os emprendedores asenten os seus proxectos na zona rural sendo o seu obxectivo: recuperar a terra, mellorar a estrutura territorial da nosa comunidade e favorecer a rendibilidade das nosas explotacións, demandantes de máis e mellor base territorial.

José González resumiu as cifras que avalan os bos resultados dos instrumentos que brinda esta nova lei, indicando que xunto ás concentracións parcelarias “téñennos permitido mobilizar desde 2020 máis de 35.000 hectáreas en toda a comunidade galega”.

Tamén destacou que a provincia de Lugo conta con cinco aldeas modelo declaradas, unha máis en fase de recollida, e ata cinco polígonos agroforestais, os tres últimos, nos concellos de Chantada, Paradela e O Saviñao, aprobados esta semana.