Skip to main content
Lugo

O PP celebra este sábado a XIV edición do xantar do rural

Por 15 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Partido Popular organiza para este sábado día 20 de xaneiro a súa tradicional comida do rural na que participan colaboradores e simpatizantes das 54 parroquias do municipio.

Os interesados en sumarse a este evento que principiará ás 13.30 horas, e que xa chega a súa XIV edición, poden retirar as entradas na sede do PP, na rúa Poeta Ramón Cabanillas, nº 14. Tamén hai a opción de reservar a entrada no teléfono 659 981 860.

O custe do tícket do xantar, que terá lugar no Hotel Torre de Núñez, é de 35 euros.