Skip to main content
Lugo

Javier Arias reúnense cos veciños de Tirimol

Por 16 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou as dependencias da asociación de veciños cultural e deportiva de San Xoán de Tirimol, no municipio de Lugo, onde mantivo un encontro con membros do colectivo.

O delegado lembrou o importante papel que xogan as asociacións veciñais, en especial nas zonas rurais, para fomentar a cohesión social e dinamizar o día a día dos cidadáns. Nese sentido, incidiu na necesidade de que conten con lugares axeitados para desenvolver as súas actividades e animou a que sigan concorrendo á orde de axudas da Xunta para mellorar os seus locais sociais. Informou de que a convocatoria deste ano sairá publicada no DOG proximamente.