Skip to main content
Lugo

Efrén Castro convida á veciñanza e deportistas á estrea do Anexo tralas obras

Por 19 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Coincidindo coa volta dos encontros de baloncesto  ao Anexo, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo convida aso clubs de base da cidade a estrear as novas canchas xunto a xogadoras e xogadores de Ensino e Breogán. A cita será mañá sábado, as 11.20 horas, no Anexo.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes Efrén Castro convidou “a todas as xogadoras e xogadores dos clubs de baloncesto base lucense a participar neste encontro, co que queremos agradecer a colaboración que prestaron  para facilitar os traballos que se desenvolveron durante estes últimos meses neste recinto deportivo e  no que participarán xogadores de Breogán e xogadoras de Ensino, referentes da importancia do baloncesto na cidade”.

O Anexo acolle esta fin de semana os primeiros encontros de ligas de base tras a renovación das instalacións, que conta cunha superficie de xogo totalmente renovada e sistemas de dobre porta nas dúas entradas do recinto para evitar correntes de aire e manter a temperatura no interior. Tamén se mellorou a impermeabilización do edificio.