Skip to main content
Lugo

Rueda defende en Lugo a profesionzalización do sector hostaleiro

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

“É un reto fundamental seguir profesionalizando o sector para facer fronte ao problema xeral de falta de man de obra e para iso hai que continuar potenciando os centros de formación, captando a xente que queira traballar na hostalería e no sector turístico de xeito profesional e ofrecéndolles a oportunidade de formarse”, explica.

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, amosou a súa aposta por afondar na profesionalización do sector hostaleiro galego a través da formación especializada, que se comprometeu a ampliar da man do tecido asociativo e cos recursos do Centro Superior de Hostalería.

“É un reto fundamental seguir profesionalizando o sector para facer fronte ao problema xeral de falta de man de obra e para iso hai que continuar potenciando os centros de formación, captando a xente que queira traballar na hostalería e no sector turístico de xeito profesional e ofrecéndolles a oportunidade de formarse”, explicou.

Nunha xuntanza con representantes do tecido asociativo celebrada en Lugo á que tamén asistiron os candidatos pola provincia Elena Candia, Javier Arias e Alfonso Villares, así como o candidato por Ourense e responsable actual de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o presidente recordou os tempos duros vividos polo sector durante a pandemia e incidiu na importancia de contar cunha Administración “áxil, xusta, xenerosa e disposta a axudar”.

Unha das leccións que, segundo afirmou, se aprendeu nese momento e marcaría a posterior recuperación económica do sector hostaleiro e turístico, foi non só a importancia desa colaboración entre a Administración e o sector, senón tamén “a posta en valor de Galicia sendo conscientes da nosa imaxe desde fóra e do que a xente busca de nós”.

De aí que avogase por seguir promocionando Galicia como un destino turístico especial “dando a coñecer o que ninguén máis ten” e ao mesmo tempo estar preparados para adaptarse aos cambios no ciclo económico.

“A hostalería e o turismo moven emprego e crean ‘marca Galicia’ no exterior, serven para atraer investimentos e contribúen a que se nos vexa como unha comunidade que merece confianza e ofrece estabilidade”, subliñou incidindo precisamente na importancia da estabilidade como elemento determinante á hora de “atraer investimentos, facer funcionar a economía e incrementar o consumo”.

Alfonso Rueda recordou que “Galicia é terra de autónomos e pemes” na medida en que ambos representan case o 90% do tecido económico da Comunidade. Polo que reafirmou a súa aposta por seguir axudando aos autónomos “non só a través de apoio económico e axudas, senón facendo algo tan sinxelo pero complexo como esmarañar todo ese barullo burocrático que a veces teñen as administracións e que complica o emprendemento”.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia e da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, Cheché Real, quixo agradecer ao presidente a súa disposición á escoita e a súa constante colaboración co sector.

“É importante para nós porque estamos nun momento difícil debido á inflación e ao incremento de custos. Polo que esperamos seguir contando coa axuda e a colaboración do Goberno galego para facer fronte aos altos e baixos que se dean na situación económica”, afirmou.

Na reunión tamén houbo representación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, da Federación de Empresarios de Hostalería de Ourense e da Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra.