Skip to main content
Lugo

Olga López enxalza as políticas de atención a menores no Día da Mediación

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A concelleira de Benestar Social, Olga López, participou este luns nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela na xornada ‘Mediando na protección da infancia’, organizada polas asociacións Cimega (Círculo de Mediación de Galicia) e Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida) con motivo da celebración do Día Europeo da Mediación.

A edil puxo en valor o traballo e o investimento do executivo municipal para a posta en marcha de programas sociais de benestar, dirixidos especialmente a persoas maiores e á infancia. Así, destacou a creación dunha guía de intervención en casos de menores; actuacións como o Acompañámoste que se ampliou co fin de apoiar ás crianzas de Lugo, para evitar que a fenda dixital lles afecte a súa aprendizaxe; ou a posta en marcha dun programa de integración social con menores e as súas familias na zona norte do municipio para brindarlles a oportunidade de aprender contidos e desenvolver competencias a través do xogo, e que se estuda expandir a outras zonas da cidade.

“A loita por acadar a plena integración social, para mellorar a convivencia, previr as adiccións e garantir a igualdade de oportunidades de toda a veciñanza é unha prioridade transversal para este goberno”, subliñou Racamonde.