Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo presentará ao Pleno 4 rogos e 4 preguntas

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Así presentarán un rogo para que se tomen medidas inmediatas para cumprir ordenanzas fiscais en certas zonas da cidade como o barrio da Croa ou o polígono da Louzaneta. Como explican, actualmente nestas localizacións, non se están a cobrar as taxas por servizos como a auga, o lixo e os sumidoiros, de acordo coas normativas fiscais de forma trimestral. Esta situación provoca o cobro de liquidacións máis altas para os usuarios xa que acumulan pagos de varios trimestres.

Ademais solicitan que se poñan en marcha accións formativas que estean aliñadas coas demandas específicas do mercado laboral local. “A idea de implementar estes programas é pechar a brecha laboral adaptando a formación á realidade económica do municipio”, din.

Preguntarán tamén para cando está prevista a entrega das escrituras de propiedade das vivendas da Croa. “A veciñanza deste barrio de Albeiros leva anos esperando que se faga esta tramitación polo que pedimos información en que punto está o expediente”, din.

Finalmente, reclaman que se axilicen os trámites para que comece a funcionar o Taxi a demanda na zona rural de Lugo. “Hai que lembrar como en novembro o voceiro do BNG manifestou que estaban a traballando na implantación e modificando a ordenanza que regularía esta prestación polo que queremos saber en que punto está esta tramitación”, explican.

Iniciativas

Demandan desde o PP que se informe de cales son os tapóns urbanísticos que se van eliminar con cargo ao plan de investimentos do Concello, xa que hai 210.900 euros para este concepto, así como os prazos de execución. No último pleno Alvarellos confirmou que se estaba traballando na súa eliminación “pero sen desvelar as localizacións seleccionadas”.

Tamén queren coñecer a previsión de finalización dos traballos de peonalización que se está facendo en entre a porta da muralla “Bispo Odoario” e praza do Ferrol e entre a praza de Santo Domingo e rúa do Teatro.

Reclama o PP que se clarifique se o Concello de Lugo ten no seu poder os documentos certificado final de obra e acta de recepción relativas ás obras que se levaron a cabo no auditorio de Magoi d”as que se informou que foron rematadas en prazo, conforme a un proxecto técnico, no pasado mes de novembro. Cúmprense 3 anos e sete meses dende que este edificio é propiedade do Concello”, explican.

Rematan pedido que se convoque a Comisión do Rueiro á maior brevidade. “Unha vez máis o goberno local incumpre os acordos de pleno como o que se consensuou en xullo de 2022 para impulsar a reunión de órgano para determinar os nomes das rúas que están sen designar”, din.