Skip to main content
Lugo

A UNED Lugo acolle unha conferencia sobre emerxencia climática

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O vindeiro xoves 25 de xaneiro de 2024 ás 18:00, a UNED de Lugo, en colaboración coa Asociación de Pais e Nais do CEIP Anexa, impartirá unha conferencia sobre a actual Crise Climática.

A iniciativa, recollida baixo o nome de Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible, está amparada dentro de LugoNaturalmente, un proxecto de divulgación ambiental do programa UNEDFutura da Universidade. Esta xorde como resposta ante a crecente necesidade de iniciar un proceso de alfabetización climática da sociedade lucense.

A conferencia será impartida por Ana Traseira, directora da UNED Lugo, e por Paula Fernández, bióloga ambiental do Centro. Nela, farán un repaso histórico sobre o cambio climático, dende a súa orixe, seguindo polas súas causas e consecuencias.

Con esta, serán un total de seis relatorios os impartidos no nome de esta iniciativa que contribúen á creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.